O Instituto Galego do Consumo e da Competencia informa as persoas consumidoras en relación coa contratación de seguros e o coronavirus (Covid-19).

Seguro de cancelación de viaxes

Se vostede xa ten contratado un seguro de cancelación dun servizo como pode ser unha viaxe en avión, hotel, etc, ou vai contratalo, teña en conta que a maioría deste tipo de seguros adoitan cubrir aspectos como enfermidade, defunción… e  non supostos tan específicos como o coronavirus. É importante comprobar a cobertura para este suposto concreto e ver se se aplica penalización que, para facela efectiva, deberá constar no contrato.

Seguro privado de enfermidade

Se ten contratada unha póliza de seguro por enfermidade comprobe se cobre este tipo de suposto e verifique o alcance da súa póliza, en termos xerais e especialmente se vai viaxar fóra do noso país. En caso de dúbida póñase en contacto coa súa compañía aseguradora e que lle aclaren esta circunstancia.

Reclamacións:

En caso de dúbida sobre o grao de cobertura das súas pólizas de seguros pode presentar reclamación primeiro ante a súa compañía aseguradora e, se non recibe resposta nun prazo dun mes ou esta non é satisfactoria, poderá interpoñer a súa reclamación ante o Servizo de Reclamacións  da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

A continuación poñemos á súa disposición a información e os formularios de reclamación:

INFORMACIÓN DA OMS

INFORMACIÓN DO MIISTERIO 

INFORMACIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RECLAMACIÓN ANTE A DIRECCIÓN XERAL DE SEGUROS E FONDOS DE PENSIÓNS