Analiza anualmente unha media de 200 mostras de natureza moi variada entre as que destacan os xoguetes e artigos de puericultura. Pero ademais, o departamento mecánico analiza outros produtos de consumo, como aqueles que poden ser confundidos con alimentos, material de ocio e deportivo, mobles, chisqueiros, e un longo etc.

As mostras proveñen fundamentalmente de campañas de control de mercado, e de tomas de mostras realizadas pola inspección de consumo de produtos similares aos que se atopan na rede de alerta.
Os parámetros que determina normalmente teñen que ver coa seguridade dos produtos. Analízanse multitude de parámetros como partes pequenas que poden provocar afogamento dos nenos, apresamento de dedos, bordos cortantes, etc., sempre relacionados coa seguridade dos nenos. Se algún parámetro dos analizados incumpre os criterios técnicos establecidos nas normas que avalían a seguridade, iniciaríase o procedemento para a súa inclusión na rede de alerta nacional.
Este laboratorio tamén está acreditado por ENAC para a realización de ensaios en xoguetes e en artigos de puericultura, e participa, así mesmo, en exercicios de intercomparación internacionais para avaliar a calidade dos resultados que proporciona.
O laboratorio de xoguetes, pola súa compoñente mecánica, analiza tamén outros produtos relacionados coa seguridade: produtos de puericultura como biberóns, chupetes, cadeiras de nenos, berces, etc, así como tamén en campañas específicas de seguridade de produtos como as realizada nos últimos anos sobre o dispositivos de seguridade para nenos obrigatorio nos acendedores, ou nas cadeiras de praia, etc.