TRANSPORTE AÉREO

Se a compañía aérea cancelou o teu voo, podes optar entre aceptar voluntariamente un bono ou solicitar o reembolso do billete, o cal deberá facelo efectivo no prazo de 7 días.
Se o voo non se cancelou pero non podes voar polas restriccións impostas de mobilidade, de non telo feito xa, debes reclamar antes do 18 de xuño, tendo a compañía un prazo de 60 días para chegar a un acordo contigo.

De non chegar a acordo neses 60 días, a compañía debe devolverche os cartos descontando os gastos incurridos.
O prazo de devolución é de 14 días, contados a partir dos 60 días que tivo a compañía para chegar a un acordo contigo.

 

 

VIAXES COMBINADAS

Se cancelan unha viaxe combinada que tiñas organizada, tes que reclamar antes do 18 de xuño.

O organizador, ou no seu caso o minorista pode entregarche un bono para ser empregado durante un ano desde o remate do estado de alarma, por unha contía igual ao reembolso que che correspondera.

En todo caso, transcorrido o período de validez do bono sen telo usado, poderías solicitar o reembolso completo, o cal deberá aboarse, a máis tardar, en 14 días..

 

 

ESPECTÁCULOS  E SERVIZOS (Concertos, festivais, ximnasios, academias, …)

Se che cancelaron un concerto ou non puideches ir á academia  que pagabas periódicamente, de non telo feito xa, debes reclamar antes do 18 de xuño, tendo a empresa un prazo de 60 días para chegar a un acordo contigo.

De non chegar a acordo neses 60 días, debe devolverche os cartos descontando os gastos incurridos.
O prazo de devolución é de 14 días, contados a partir dos 60 días que tivo a empresa para chegar a un acordo contigo.