Este fenómeno de orixe estadounidense está bastante estendido en Galicia e numerosos establecementos comerciais xa anuncian descontos.  

Dende hai uns anos, o fenómeno estadounidense do Black Friday, polo cal os establecementos comerciais ofrecen descontos nos seus produtos no venres que segue ao día de Acción de Grazas, estendeuse e chegou tamén á Comunidade Autónoma de Galicia. Hai bastantes establecementos comerciais que xa anuncian descontos, algúns non só para o propio día do Black Friday, que este ano cae no venres 29 de novembro, senón tamén para os días previos e a fin de semana posterior.

Aproveitando estes descontos, son moitas as  persoas que deciden adiantar unha gran parte das súas compras de Nadal. 

Por iso, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia recolle información útil sobre consumo e ofrece unha serie de consellos que cómpre ter en conta para as compras do Black Friday.

 

Pódese acceder e descargar a información AQUÍ

 

Os consellos poden consultarse e descargarse AQUÍ