A garantía comercial deberá formalizarse por escrito e expresará necesariamente:
- O ben ou servizo sobre o que recae a garantía.
- O nome e a dirección do garante.
- Que esta garantía non afecta aos dereitos legais do consumidor ante a falta de conformidade dos produtos co contrato.
- Todos os dereitos que se lle concedan ao consumidor como titular da garantía.
- O prazo de duración da garantía e o seu alcance territorial.
- As vías de reclamación das que dispón o consumidor.