Descrición xeral da actividade:

  • A maioría das persoas vemos a televisión, navegamos pola Internet ou paseamos pola rúa vendo distintos anuncios publicitarios sen chegar a decatarnos de cando a publicidade é ilícita. A Lei xeral da publicidade, no seu artigo 3, contén unha lista pechada dos supostos nos que se considera ilícita unha publicidade.
  • Esta actividade pretende explicar, de xeito sinxelo, a diferenza entre a publicidade e a información. Ademais, identifícanse os distintos tipos de publicidade ilícita, definindo en que consisten e como denunciar estes casos.

Localización:

  • Instalacións da Escola Galega do Consumo.
  • Lugar indicado pola persoa/entidade solicitante no formulario de inscrición. 

Modalidade:

  • Obradoiro
  • Charla participativa

Duración aproximada:

  • 60 minutos

Dirixido a:

  • A partir dos 13 anos. 

 

Se queres coñecer máis información sobre esta materia podes consultar a documentación e os enlaces de interese indicados máis abaixo.

Documentación e ligazóns relacionadas