Descrición xeral da actividade:

  • O merchandising é unha das técnicas máis coñecidas no campo do marketing. Consiste na distribución e comercialización de artigos que conteñan como principal atractivo o logo ou a marca que caracteriza á empresa que os produce, de xeito que a apariencia exterior termina resultando máis importante que a calidade do produto ou servizo.
  • Nesta actividade analízase a publicidade no punto de venda dentro do conxunto de técnicas de merchandising. Reflexiónase sobre o comportamento das persoas consumidoras na toma de decisións sobre calquera tipo de compra.

Localización:

  • Aula supermercado da Escola Galega de Consumo
  • Lugar indicado pola persoa/entidade solicitante no formulario de inscrición. 

Modalidade:

  • Obradoiro
  • Charla participativa

Duración aproximada:

  • 60 minutos

Dirixido a:

  • A partir dos 13 anos. 

 

Se queres coñecer máis información sobre esta materia podes consultar a documentación e os enlaces de interese indicados máis abaixo.

Documentación e ligazóns relacionadas