Si. Desde o 1 de outubro de 2015 (data límite para que as comercializadoras adaptaran os seus sistemas ao novo mecanismo de facturación por horas) ás persoas consumidoras que teñan contratado o PVPC e dispoñan de contador dixital integrado, estaráselles facturando por horas. Pola contra, os que aínda conten con equipos de medida sen integrar no sistema de telexestión, seguiráselles facturando...
Preguntas frecuentes
É o prezo ao que te poderás acoller, sempre que teñas unha potencia contratada igual ou inferior a 10 kw e contrates con unha comercializadora de mercado regulado.
A substitución do contador é gratuíta para as persoas consumidoras que contan con contador ou equipo de medida en réxime de aluguer. Sen embargo, se o contador é en propiedade e a súa antigüidade é inferior a quince anos, o propietario tampouco terá que pagar ningún custe polo cambio nin se lle poderá pagar o aluguer hasta alcanzar ditos anos.
A compañía eléctrica deberá avisar da...
Para as persoas consumidoras no mercado regulado, o período de pago é de vinte días naturais dende a emisión da factura. No mercado libre, as condicións e medios de pago dependerá do que acorden as partes.
O pago pode facerse mediante domiciliación bancaria, nas oficinas de empresa subministradora ou nalgunha das súas delegación.
Se o cliente non acepta as novas condicións terá dereito a anular o contrato sen penalización. O cliente deberá ser notificado sempre de calquera modificación do seu contrato.