1
Teño dereito a presentar unha reclamación?
2
Xa lle presentei a reclamación á empresa?
3
Presentar a reclamación á empresa, como podo facelo?
4
Como cubro a reclamación?
5
Como tramito a reclamación?
6
A empresa resolveu a miña reclamación?
7
Escrito de reclamación ante consumo
8
A quen me dirixo?
Teño dereito a presentar unha reclamación?
SI

Pode reclamar calquera persoa independentemente da súa nacionalidade ou zona de residencia que adquira produtos ou servizos para o seu uso persoal ou familiar.

Unha reclamación debe ser sempre dun consumidor ou usuario fronte a un empresario. Non é suficiente que as partes en conflito teñan o carácter de empresario por un lado e de consumidor ou usuario por outro. senón que o conflito derive dunha relación de consumo, isto é, que se produza cando un consumidor acode a un empresario para a obtención dun ben ou servizo porque é o obxecto da súa empresa. Partindo do anterior, é cando por un consumidor ou usuario se pode presentar unha reclamación ou denuncia fronte a un empresario.

NON

Nunca serán admitidas aquelas reclamacións nas que o que se dilucide sexa unha relación entre empresarios ou entre consumidores.