Descrición xeral da actividade:

  • Unha das principais vantaxes que ofrece Internet é a posibilidade de contratar a prezos moi económicos viaxes que inclúen o desprazamento e o aloxamento conxuntamente.
  • Explícanse de xeito sinxelo os pasos a seguir para contratar unha viaxe combinada a través de Internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis importantes para evitar fraudes: identificación de páxinas seguras, dos distintos medios de pago, posibilidade de abandonar a compra...
  • Identifícanse os organismos onde acudir no caso de que xurda algunha irregularidade tanto na contratación da viaxe como durante a súa realización.

Localización:

  • Escola Galega do Consumo
  • Lugar indicado pola persoa/entidade solicitante no formulario de inscrición. 

Modalidade:

  • Obradoiro: É preciso dispor de equipos informáticos con conexión a internet.
  • Charla participativa: Non é preciso dispor de equipos informáticos.

Duración aproximada:

  • 60 minutos

Dirixido a:

  • A partir dos 18 anos. 

 

Se queres coñecer máis información sobre esta materia podes consultar a documentación e os enlaces de interese indicados máis abaixo.

Documentación e ligazóns relacionadas