Destacamos

nova etiqueta máscaras hixiénicas
telefonos informacion Estado Alarma
Dalle luz a tua factura

Como reclamo?

Dentro das relacións de consumo entre una persoa consumidora ou usuaria cunha empresa, poden producirse conflitos que poden dar lugar a que se produza unha reclamación ou unha denuncia.

Partindo do anterior debe resaltarse que, cando no ámbito de consumo se está falando de reclamación ou denuncia, deben cumprirse unha serie de presupostos para que, no seu caso, se poida proceder á súa tramitación.

Asistente de reclamacións

Arbitraje de consumo

O Sistema Arbitral de Consumo, regulado polo Real decreto 231/2008, ten como finalidade atender e resolver con carácter vinculante e executivo para ambas as partes, as queixas ou reclamacións das persoas consumidoras e usuarias, sen prexuízo da protección administrativa e xudicial.

Os meus dereitos

Ademais dos dereitos recoñecidos ás persoas consumidoras na Constitución española e nas normas internacionais, comunitarias e estatais, as persoas consumidoras serán titulares dos dereitos  recoñecidos na Lei Galega de Protección Xeral das Persoas Consumidoras.

No caso de diferenza de interpretación sobre a aplicación das normas que, directa ou indirectamente, afecten os dereitos das persoas consumidoras, aplicarase a máis favorable aos intereses dos consumidores e das consumidoras.

Últimas preguntas frecuentes

Calquera persoa que adquira os seguintes produtos entre o 1 de abril e o 30 de xuño: Gasolina 95 y 98 Todo tipo de gasóleo Gas Natural Licuado (GLP) Gas Natural Comprimido( GNC) Gas Licuado del Petróleo (GNL) AdBlue Bioetanol Biodiesel
A normativa prevé un desconto mínimo de 20 céntimos por litro. 15 céntimos serán aportados polo Estado e o resto polas estacións de servizo. O desconto aplicarase automáticamente no momento de aboar o pagamento e figurará de forma explícita no ticket de compra.   ¿Que prezo figurará publicitado? As estacións de combustible deberá publicitar o prezo de venda ao público do...
De ter algunha incidencia en relación a este desconto, aconséllase: 1.-Realice unha foto da publicidade e do prezo do combustible ofertado e tamén garde o seu ticket de compra. 2.-Presente unha reclamación ante a estación de combustible aportado esta información. Para presentar a reclamación ante a empresa pode utilizar as folla de reclamacións que deben estar dispoñibles na mesma ou ben...
A etiqueta enerxética é un adhesivo que se adhire aos electrodomésticos para informar sobre a súa eficiencia de consumo . Deste xeito, os usuarios poderán coñecer que aparellos precisan menos enerxía para funcionar e, por conseguinte, contribúen á protección ambiental.