Unha vez comuniques o sinistro á túa compañía, dentro do prazo máximo de 7 días a contar dende que teñas coñecemento dos feitos (salvo que o contrato establecese outro prazo), disporás de 5 días para comunicar por escrito á aseguradora a relación dos obxectos existentes ao tempo do sinistro e a estimación dos danos. Deberás ser ti quen probes a existencia dos obxectos que declaras, podendo empregarse, a falta de probas mais eficaces, o contido da póliza.

Se estivésedes de acordo sobre o importe e forma da indemnización, a aseguradora deberá aboar a suma acordada ou levar acabo as operacións necesarias para remplazar o ben asegurado, se fose posible. 

Pola contra, se dentro do prazo de 40 días, a contar dende que notificases o sinistro, non chegases a un acordo coa compañía, cada parte poderá designar un Perito, debendo constar por escrito a aceptación dos mesmos. Se algunha das partes non nomease perito, quedará obrigado a designalo no prazo de 8 días a contar dende a data na que sexa requirido pola outra parte. Se neste prazo non se levase a cabo a designación, enténdese que se acepta o informe pericial da outra parte, quedando vinculado polo mesmo. 

Posteriormente á designación dos Peritos polas partes, se estes chegase a un acordo, o mesmo reflectirase nunha acta conxunta, na que consten as causas do sinistro, a valoración dos danos, e as demais circunstancias que inflúan na determinación da indemnización, segundo a natureza do seguro de que se trate e a proposta do importe líquido da indemnización. Se, pola contra, non houbese acordo entre os Peritos, designarase un terceiro perito de conformidade ente as partes (de no haber acordo, será un Xuíz quen o designe). Este deberá emitir informe no prazo que pacten as parte, ou a falta deste, no prazo máximo de 30 días, a contar dende que o Perito acepte o encargo.

O ditame que finalmente emitan os peritos, sexa o adoptado por unanimidade ou por maioría, será notificado ás partes inmediatamente, sendo este vinculante para as partes, salvo que se impugne xudicialmente por algunha das partes dentro do prazo dos 30 días seguinte (para a compañía) ou de 180 días (para o asegurado), contándose ambos dende que fose notificado. 

No caso de non ser impugnarse o informe, a compañía deberá aboar o importe da indemnización establecida polos peritos, no prazo de 5 días. En todo caso, de ser impugnado, a compañía deberá aboar o importe mínimo que esta recoñecese. 
En canto aos honorarios dos Perito, cada parte pagará o seu. No suposto de ter que nomearse un terceiro perito por non chegar a un acordo, os custos asociados a elo aboaranse por metades entre o asegurado e a aseguradora.

Cando a demora no pago da indemnización por parte da aseguradora, implique que o asegurado teña que acudir á vía xudicial para reclamala, dita indemnización incrementarase polo intereses legal do diñeiro que corresponda en cada momento aumentado este no 50 % (actualmente estamos a falar dun 4 % de interese legal, incrementado en dous puntos), comezando a devengarse dende que a valoración da indemnización pasou a ser inatacable para o asegurador; tamén se sumarán os importes correspondentes aos gastos orixinados ao asegurado polo proceso, tendo que recollerse así expresamente na condena.

Temática:
Serv. financeiros e segurosSeguros