Que son os contratos celebrados fóra do establecemento comercial?

Terán esta consideración aqueles contratos ou ofertas que se leven a cabo entre o empresario e o consumidor nun lugar distinto ao establecemento do empresario, así como aqueles que se celebre no establecemento mercantil, si se emprega medios de comunicación a distancia. Tamén terán esta consideración os contratos celebrados durante unha excursión organizada polo empresario co fin de promocionar e vender produtos e servizos aos consumidores.

Que información previa che deben facilitar?

Todos aqueles contratos que se celebren fóra do establecemento comercial, ao igual que na contratación a distancia, o empresario deberá facilitarche toda a información necesaria, de forma previa á contratación, e de xeito claro e comprensible, xa sexa en papel ou en calquera outro soporte duradeiro admitido por ti, sendo isto requisito indispensable para que o contrato sexa válido.

O vendedor informarate sobre as características principais dos bens e servizos e facilitarache a identificación completa da empresa (identidade, dirección do establecemento, teléfono, fax e dirección de correo electrónico).

O empresario ten a obriga de indicar o prezo total dos bens ou servizos (incluíndo impostos e taxas) ou a forma na que se determinaría o prezo, se non pode saberse de antemán; os gastos adicionais de transporte e calquera outro gasto a maiores (cando se trate de contratos de duración indeterminada ou de contrato que inclúa unha suscrición, o prezo incluirá o total dos custos por período de facturación). Así mesmo, indicará os procedementos de pago, entrega e execución, así como, a data de entrega dos bens ou de execución dos servizos (e, cando proceda, o sistema de tratamento das reclamacións do empresario); a lingua/s nas que se poderá formalizar o contrato, cando esta non sexa a lingua na que che ofreceu a información previa ao contrato; ten que facilitarche toda a información a cerca do dereito de desistimento (condicións, prazo e procedementos para exercelo) e queda obrigado a entregarche un FORMULARIO DE DESISTIMENTO, así como, de ser así, indicarche que terás que asumir o custe da devolución dos bens nos supostos de desistimento. Naqueles supostos onde o empresario no che facilite esta información, non terás que asumir custo algún.

Cando se trate da prestación dun servizo ou do subministro de auga, gas ou electricidades (cando non estean envasados para a súa venta), se solicitas expresamente que se inicie a prestación do mesmo durante o prazo de desistimento, o empresario informará a cerca dos gastos que deberás asumir se exercitas o desistimento, en relación aos servizos xa prestados.

Igualmente, naqueles supostos nos que o empresario non facilitase esta información, non terás que asumir custo algún.

En todo caso, o empresario debe informar a cerca dos supostos nos que non proceda o dereito de desistimento (link apartado excepcións) e sobre a existencia da garantía legal dos bens.

Cando sexa o caso, tamén deberá informar sobre o dereito á asistencia pos venda, servizo pos venda e garantía comercial, así como as súas condicións.

Asemade, pode darse o caso de que o establecemento estea acollidas a un CÓDIGO DE CONDUTAS, en cuxo caso, a empresa que este adherida a algún destes código deberá informarte sobre elo.

É obrigatorio que o empresario informen sobre a duración do contrato e sobre as condicións de resolución, cando se trata de contratos de duración indeterminada ou se prorroguen automaticamente. Así mesmo, cando procede, deberán informarte sobre a duración mínima das túa obrigas.

Cando sexa obrigatorio pagar unha cantidade en concepto de depósito ou garantía financeira, porque así o require o empresario, este deberá informarte sobre o mesmo.

Cando proceda, a funcionalidade dos contidos dixitais, incluídas as medidas técnicas de protección aplicables, así como sobre a interoperabilidade relevante do contido dixital cos aparatos e programas coñecidos polo empresario ou que se poida esperar que este coñeza.

En todo caso, naqueles supostos nos que sexa posible acudir a un MECANISMO EXTRAXUDICIAL para resolver as reclamacións, por estar o empresario adherido a algún sistema de resolución de conflitos extraxudicial, o empresario deberá informarte sobre os mesmos e sobre os métodos a través dos cales poderás acceder.

É obriga do empresario FACILITAR TODA ESTA INFORMACIÓN e, no seu caso, correspóndelle probar que así o fixo antes da formalización do contrato. Así mesmo, esta información mínima que o empresario debe facilitar ao consumidor debe formar parte integrante do contrato, e non se alterará salvo que se dispoña expresamente o contrario.

Isto será aplicable tamén aos contratos para subministro de auga, gas, electricidade (sen envasar), calefacción mediante sistemas urbanos e contidos dixitais que non se preste en soporte material.

Que contratos quedan excluídos?

Quedan excluídos deste tipo de contratos e, por tanto, do aquí recollido, con independencia da súa celebración, aqueles contratos que se refiran a servizos sociais, servizos relacionados coa saúde, os de actividades de xogo por diñeiro (xogos de azar, lotaría, apostas, etc.), os contratos de servizos financeiros, os relacionados con bens inmobles (incluído o aluguer de vivenda), os de viaxes combinados, os que se celebrasen ante un fedatario público (como o de hipoteca), os de transporte de pasaxeiros e os celebrados mediante distribuidores automáticos.

Desistimento e consecuencias

Cando contrates un ben ou servizo fóra do establecemento do comercial, terás dereito a exercitar o desistimento durante un período de 14 DÍAS NATURAIS contados a partir do día de celebración do contrato, nos suposto de contratos de servizos, ou a partir do día no que o consumidor ou terceiro por el indicado, adquire a posesión material dos bens solicitados, nos supostos de contratos de venta.

Así mesmo, o empresario terá que informar sobre o dereito de desistimento, indicando o prazo e procedemento para exercelo, así como facilitarche o modelo de formulario de desistimento. E, de ser o caso, terá que informarte sobre os custos que debes asumir para devolver os bens.

Será nula calquera cláusula que impoña penalización algunha por exercitar o dereito de desistimento, así como a súa renuncia.

Se non se che facilitase información a cerca do dereito de desistimento, o prazo para exercitarlo FINALIZARÁ 12 MESES DESPOIS da data de expiración do período de desistimento indicado anteriormente. Así mesmo, achegada a mencionada información no prazo de 12 meses a partir da entrega do ben ou celebración do contrato, o prazo expirará aos 14 días naturais a contar dende a data na que recibises a información.

Poderás EXERCITAR O DEREITO DE DESISTIMENTO do contratado, durante o prazo indicado, a través do formulario de desistimento oficial ou mediante calquera outra declaración inequívoca na que indiques dita decisión, cumprimentando e enviando electronicamente o modelo oficial ou, mediante calquera outra declaración inequívoca a través da web do empresario.

Isto implicará a extinción das obrigas de ambas partes do contrato, tendo o empresario que reembolsar o pago recibido, incluídos os gastos de entrega. Este reembolso debe ser realizado sen demoras indebidas e, en todo caso, antes de que pase o prazo de 14 días naturais dende a data na que foi comunicada a decisión de desistimento. No caso de retraso inxustificado poderás reclamar o dobre do importe adebedado.

Pola outra banda, deberás devolver ou entregar os bens ao empresario, sen demora inxustificada, e no prazo máximo de 14 día naturais a partir da data na que comunicases a decisión de exercitar o dereito de desistimento, segundo o indicado.

Para os supostos de contratos celebrados fóra do establecemento nos que os bens se che entregasen no domicilio no momento de celebrarse o contrato, o empresario deberá recoller os bens, asumindo el mesmo os custos cando, pola natureza dos mesmos, non se poidan devolver por correo.

Naqueles supostos nos que solicitases previamente e de forma expresa que se comezara a prestar o servizo antes de que rematase o prazo dos 14 días, aínda que exerzas dereito de desistimento dentro do prazo indicado quedas obrigado a aboar a parte proporcional pola prestación realizada.

Pola contra, non terás que asumir custo algún pola prestación dos servizos ou subministro de auga, gas ou electricidade (cando non estean envasados) ou de calefacción mediante sistemas urbanos, durante o período de desistimento, cando o empresario non facilitase información sobre este dereito ou ti non solicitases expresamente que se comezase a prestar o servizo xa durante o prazo dos 14 días naturais de desistimento. Asemade,se o empresario non enviase a confirmación do contrato celebrado, nin copia do contrato en soporte duradeiro, tampouco poderán cobrar cantidade algunha.

Tampouco che poderán cobrar cando canceles a contratación do subministro de contido dixital que non se preste en soporte papel, se non manifestaches expresamente e de xeito previo, o consentimento para que se executase antes de que finalice o período de 14 días naturais ou cando non sexas consciente de que renuncias ao dereito de desistimento.

En todo caso, responderás naqueles casos nos que se produza unha diminución do valor dos bens a causa da manipulación levada a cabo e sempre que non fose a necesaria para establecer a súa natureza, características ou funcionamento.

Debes ter presente que o empresario non te poderá penalizar por exercitar o dereito de desistimento, salvo que se trate dalgún contrato que se refiran á:

  • Prestación do servizo, unha vez que este fose completamente executado
  • Subministro de bens ou a prestación de servizos cuxo prezo dependa de flutuacións do mercado financeiro no que o empresario non poida controlar e que poida producirse durante o período de desistimento.
  • Subministro de bens confeccionados conforme á especificacións do consumidor ou claramente personalizados.
  • Subministro de bens que poidan deteriorarse ou caducar con rapidez.
  • Subministro de bens precintados que non sexan aptos para ser devoltos por razóns de protección da saúde ou de hixiene e que fosen desprecintados tras a entrega.
  • Subministro de bens que despois da entrega e atendendo á súa natureza se mesturasen de forma indisociable con outros bens.
  • Subministro de bebidas alcohólicas cuxo prezo fose acordado no momento de celebrarse o contrato de venda e que non poidan ser entregadas antes de 30 días, e cuxo valor real dependa de flutuación do mercado que o empresario non poida controlar.
  • Os contratos nos que o consumidor solicitase especificamente ao empresario que o visite para efectuar operacións de reparación ou mantemento urxente. Pola contra, se nesta visita se prestan servizos adicionais ou subministra bens distintos das pezas de recambio utilizadas necesariamente para efectuar as operacións de mantemento ou reparación, o dereito de desistimento aplicarase sobre estes servizos ou bens adicionais. 
  • Subministro de gravacións adicionais sonoras ou de vídeo ou de programas informáticos precintadas que fosen desprecintados despois da entrega.
  • Subministro de prensa diaria, publicacións periódicas ou revistas, coa excepción dos contratos de subscrición para o subministro de tales publicacións.
  • Contratos celebrados mediante poxa pública
  • Subministro de servizos de aloxamento para fins distintos do de servizo de vivenda, transporte de bens, aluguer de vehículos, comida ou servizos relacionados con actividades de esparcimento, se os contratos prevén unha data ou un período de execución específicos.
  • Subministro de contido dixital que non se preste nun soporte material cando a execución comezase co previo consentimento expreso do consumidor co consentimento por parte de que en consecuencia perde o seu dereito de desistimento
Temática:
ComprasCompras fóra do establecemento