A Escola Galega do Consumo créase como un instrumento para coordinar as actividades de educación e formación no eido do consumo, coa finalidade de impulsar e desenvolver a educación e a formación das persoas consumidoras galegas.
A través das distintas programacións, a Escola Galega do Consumo canaliza as actividades de formación e educación neste ámbito, que promove a Xunta de Galicia tanto na educación formal como non formal, dando resposta á planificación estratéxica establecida en cada momento, atendendo tamén ás demandas das persoas consumidoras e á propia evolución do mercado.
Obxectivo
O obxectivo xeral da Escola Galega do Consumo céntrase en dar resposta ás demandas formativas e educativas dos distintos sectores da poboación galega e, especificamente, ás detectadas nas estatísticas das consultas e nas reclamacións recibidas das distintas oficinas de consumo, nos estudos de investigación realizados e nas avaliacións das actividades formativas.
Para máis información:
Escola Galega de Consumo
Avenida Gonzalo Torrente Ballester 1-5 Baixo, 15707-Santiago de Compostela
881 999 091
Correo Electrónico: igc.escuela [at] xunta.es (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]es)


