O actual marco legal  no ámbito do  consumo  recoñece o dereito dos consumidores de ser consultados e representados  nas materias que lles afecten. Para os efectos de dar cumprimento a este dereito de representación, consulta e participación constituíuse en abril de 1998 o Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

O Consello Galego de Consumidores e Usuarios ostenta a representación institucional das organizacións e asociacións de consumidores e usuarios, ante a Administración autonómica ou outras entidades e organismos de carácter autonómico.