Plan de formación para profesionais
Nun mundo que evoluciona rapidamente, onde a tecnoloxía, as metodoloxías e as necesidades sociais cambian constantemente, a formación continua convértese nunha ferramenta imprescindible, e máximo no ámbito do consum.
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, a través da Escola Galega de Consumo se preocupa por ofrecer a máxima calidade na prestación dos servizos ás persoas consumidoras, polo que manten un Plan permanente de formación continua para profesionais, que se desenvolve a través de diferentes entidades e instrumentos para chegar ao maior número de persoas.
Así esta formación inclúe:
- Formación en colaboración coa EGAP
- Formación en colaboración co INAP
- Formación Plan Proxecta para docentes.
Plan formativo para colectivos vulnerables
A Axenda Europea da persoa Consumidora establece como un dos seus obxectivos promover a protección das persoas consumidoras máis vulnerables, por iso, a estratexia de protección ás persoas consumidoras 2020-2025 conta con medidas formativas e de atención específica para estes colectivos.
Razóns de idade, capacidades distintas ou situacións de exclusión necesitan dunha protección especial dirixida a outorgar a información e formación precisa adaptada a cada unha das necesidades. Para isto, a Escola Galega de Consumo conta cun Plan formativo para colectivos vulnerables, no que se inclúen os seguintes programas:
ConsumoSenior
O programa ConsumoSenior ten por destinatarios ás persoas de idade máis avanzada e desenvolveraase en colaboración coas entidades máis representativas das persoas maiores en Galicia. O seu obxectivo é garantirlles dispoñibilidade de información clara, accesible e fácil de usar tanto no mercado tradicional como no dixital.
ConsumoEnRuta
O programa de ConsumoEnRuta desenvolverase fundamentalmente nos concellos, vilas e cidades de Galicia, facendo chegar a información a todo o territorio no que resulte demandada.
ConsumoAccesible
O programa ConsumoAccesible ten por destinatarias ás persoas con capacidades distintas e en situación de exclusión social e levarase a cabo en colaboración con diferentes entidades sociais, atendendo e dando resposta ás necesidades do colectivo dende o punto de vista do consumo.
ConsumoEduca
Dirixido aos máis pequenos, o programa ConsumoEduca ten por destinatarias ás persoas en idade escolar co obxectivo de formalos como futuros consumidores conscientes, responsables e coñecedores dos seus dereitos e obrigas dende todas as perspectivas dos mercados físicos e dixitais.
Outra formación
O Programa Cores (Consumo Responsable) é un programa de formación permanente da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego do Consumo e da Comeptencia. A través deste programa ponse a disposición das difentes entidades, institucións e público en xeral obradoiros e encontros participativos sobre diferentes áreas de consumo