Actividades

Buscar

Ten dispoñibles para consulta 12 resultado/s

Inicia o ano 2020 e o Laboratorio de Consumo de Galicia comeza o seu traballo a nivel europeo no desenvolvemento de normativa técnica no campo da seguridade de prendas infantís. Os traballadores e traballadoras do Laboratorio de Consumo de Galicia ( LCG ), órgano técnico do Instituto Galego do Consumo e da Competencia ( IGCC ) da Xunta de Galicia, participan como expertos técnicos en diferentes grupos de traballo para o desenvolvemento de normativa técnica, tanto a nivel nacional como a nivel internacional.

O LCG foi seleccionado para participar no Congreso Internacional 6th EuCheMS que se celebrou en Sevilla do 11 ao 15 de setembro de 2016. O traballo presentado polo LCG no 6th EUCHEMS, titulado “QUANTITATIVE CHEMICAL ANALYSIS OF TEXTILE BINARY MIXTURES WITH ACRYLIC FIBRES", desenvolveuse coa colaboración de 19 laboratorios de diversos países.

Dende o ano 2002 o Laboratorio de Consumo de Galicia ten a acreditación da Entidade Nacional de Acreditación, ENAC, en diversos ensaios de produtos téxtiles, artigos de puericultura e xoguetes segundo os criterios de aseguramento da calidade na realización de ensaios segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025. Esta acreditación representa o recoñecemento formal da competencia técnica do Laboratorio e a máxima fiabilidade nos seus resultados.

O Laboratorio de Consumo de Galicia forma parte do Comité AEN/CTN 40/GT 8 “Seguridade da roupa infantil”. Neste mes de marzo o grupo de traballo reuniuse co fin de desenvolver a normativa técnica necesaria para a consecución dun fin, que as prendas a disposición das persoas consumidoras, destinadas a ser usadas pola poboación infantil, sexan seguras.

O LCG promove e participa nas tarefas de concienciación, formación e divulgación en materia de consumo, promovidas polo IGC, aos diferentes actores sociais. Por outra banda, o LCG participa, en convenio coa Universidade da Coruña, para a titoración de prácticas no Laboratorio.

O LCG promove, organiza e impulsa programas de ensaios de intercomparación a nivel internacional conforme á norma UNE-EN ISO/IEC 17043:2010 Evaluación de la conformidad. Requisitos generales para los ensayos de aptitud; exercicios incluídos na base de datos da E.P.T.I.S., The European Proficiency Testing Information System.

O LCG participa no desenvolvemento da normativa técnica, da metodoloxía de ensaio necesaria para dar cumprimento aos mandatos da Comisión Europea no que respecta á seguridade dos produtos. A colaboración na estandarización como ferramenta técnica da Comisión Europea é clave para levar á practica as políticas lexisladas na UE, e por ende no noso país.

O LCG forma parte do Instituto Galego de Consumo, que é a autoridade de vixiancia do mercado en Galicia, e que vela pola seguridade dos consumidores. En colaboración co corpo de inspectores da nosa comunidade autónoma programa campañas de control dos productos postos no mercado a disposición das persoas consumidoras. Tras o análisis practicados, elabora estimacións do risco conforme a normativa europea de aplicación.

O LCG da resposta a consultas nas materias da súa competencia, tanto a outros departamentos do IGC como a particulares, empresas ou outras administracións. Asesora á red empresarial de Galicia na interpretación da lexilación aplicable, co fin de que os seus produtos sexan seguros e desta forma se garantan os dereitos dos consumidores.