Departamento Electrónico
A presenza de equipos electrónicos xa é un feito habitual na vida da maioría das persoas consumidoras. Este feito revelou a necesidade nos últimos anos de crear un departamento específico para a análise deste tipo singular de dispositivos.
Departamento Eléctrico
Analiza anualmente unha media de 120 mostras de natureza moi variada entre as que destacan os pequenos electrodomésticos, as bases, prolongadores, caravillas e os xoguetes eléctricos.
Departamento Textil
Analiza anualmente máis de 200 mostras que proveñen fundamentalmente de reclamacións de persoas consumidoras.
Departamento Mecánico
Analiza anualmente unha media de 200 mostras de natureza moi variada entre as que destacan os xoguetes e artigos de puericultura. Pero ademais, o departamento mecánico analiza outros produtos de consumo, como aqueles que poden ser confundidos con alimentos, material de ocio e deportivo, mobles, chisqueiros e un longo etc.
Departamento Químico
O departamento químico ocúpase de determinar a presenza de substancias de orixe químico que poden estar presentes en produtos de consumo. Estas determinacións están relacionadas en moitos casos coa investigación da calidade dos produtos, coa súa composición, coa determinación do tipo de limpezas realizadas en produtos téxtiles, entre outros.
Departamento COVID-19
O Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia de COVID-19, decidiu crear un novo departamento dedicado exclusivamente ao estudo de produtos relacionados.