As Organizacións de consumidores son entidades de carácter privado, independentes, e constituídas sen ánimo de lucro, reguladas pola Lei 2/2012, do 28 de mazo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios.

A súa finalidade é a defensa, a información, a educación , a formación, a asistencia e a representación dos intereses colectivos dos consumidores nas súas relacións de consumo, así como dos seus membros.. Para a Información e defensa dos consumidores dispoñen de oficinas con servizos de asesoramento xurídico especializado, financiados a través das subvencións do Instituto Galego de Consumo, que intentan solucionar os conflitos de consumo por medio da mediación, ou a través dos Tribunais de Xustiza.

Estas Organizacións exercen a representatividade dos consumidores a través do Consello Galego de Consumidores e Usuarios dentro do Instituto Galego de Consumo, e en todas aquelas situacións nas que estean afectados os intereses dos consumidores.