Normativa e xurisprudencia

Compendio da normativa máis relevante en materia de protección das persoas consumidoras e usuarias, estruturada en dous ámbitos: estatal e autonómico. 

No ámbito estatal, inclúense disposicións fundamentais como o Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, así como outras normas relacionadas coa resolución alternativa de litixios, os contratos de crédito ao consumo, os servizos da sociedade da información e a competencia desleal. No ámbito autonómico, recompílanse as principais normas ditadas pola Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección e defensa das persoas consumidoras.

Esta recompilación normativa ten como finalidade garantir o acceso á información xurídica vixente e promover unha contorna de consumo máis transparente, seguro e equitativo.