Cancelación e atrasos nas viaxes en tren

No caso de estar afectado pola cancelación ou atrasos de máis de 60 minutos de viaxes en tren e non recibir asistencia nin alternativas por parte da empresa de transporte, podes presentar unha reclamación ante a mesma solicitando unha compensación pola situación provocada.

Transcorrido o prazo dun mes sen ter resposta ou sen ser esta axeitada, podes presentar unha reclamación ante o Instituto Galego do COnsumo e da Competencia da Xunta de Galicia, mediante o Asistente de Reclamacións.

Persoa esperando en estación de tren