Aditivos. Son tan malos como os pintan?

Cando percorremos os lineais dun supermercado vemos cada vez máis produtos con etiquetas nas que aparecen destacadas mensaxes do tipo “sen aditivos”, “non contén colorantes nin conservantes” ou “100 % natural”. Cada vez que vemos na lista de ingredientes algún compoñente identificado cunha “E” seguida de tres ou catro números o primeiro que pensamos é que estamos ante un alimento que ten “química”, sen darnos conta de que calquera alimento, por moi natural que sexa, está formado por elementos químicos. A industria recorre a estes compostos por diferentes motivos: para mellorar o seu sabor, o seu aspecto, para asegurar que son inocuos, para prolongar os seus períodos de consumo, etc.

Para que o uso dun aditivo sexa aprobado, a Unión Europea esixe que se demostrou que é seguro, que exista unha necesidade tecnolóxica que non poida conseguirse doutro xeito e que a súa utilización non induza a erro ao consumidor porque confira ao alimento características que non ten. Para cada aditivo calculouse cientificamente a cantidade que unha persoa podería inxerir diariamente sen que iso supoño risco algún para a súa saúde. Este valor coñécese como IDA (Inxesta Diaria Admisible), que normalmente é da orde dunhas 1.000 veces menor que a cantidade que podería producir algún efecto, aumentando enormemente as marxes de seguridade. Desta forma, para que o noso organismo notase algún efecto dun aditivo teriamos que consumir moitos quilos de alimentos que o conteña todos durante períodos moi amplos de tempo .

Área temática

Galería de imaxes