Todas as reparacións ou instalacións que se leven a cabo en calquera taller quedarán garantidas, como mínimo, nas seguintes condicións:
- A garantía outorgada polo taller caducará aos tres meses ou 2.000 quilómetros recorridos. A garantía relativa á reparación de vehículos industriais caducará aos quince días ou 2.000 quilómetros recorridos salvo que as pezas incluídas na reparación teñan un prazo de garantía superior.
- O período de garantía entenderase dende a data de entrega do vehículos e terá validez sempre que o vehículo non sexa manipulado ou reparado por terceiros.
- A garantía enténdese total, inclúe materiais aportados e man de obra, e afecta a todos os gastos que se puideran ocasionar.
Producida unha avaría durante o período de garantía na parte ou partes reparadas, o taller deberá facer a reparación de forma gratuíta.