Por fortuna, os consumidores preocupámonos cada vez máis por comer san e esforzámonos por saber o que comemos (nalgúns casos  pode ser mesmo excesivo, e cando aparece ese trastorno falamos de ortorexia). Postos a utilizar o noso móbil para case todo, tamén xurdiron diferentes aplicacións que ofrecen  ao consumidor unha valiosa información para que este poida elixir os produtos alimentarios cuxas características nutricionais axústense máis ao que en cada momento busca. Vexamos algúns exemplos destas aplicacións:

 

- My real food: clasifica os produtos en base ao índice Real Food, creado en base a un sistema desenvolvido pola Universidade de Sao Paulo que varía en función do nivel de procesado de cada produtos alimenticio. Ao mesmo tempo advirte ao usuario cando un produto ten un contido elevado en graxas saturadas, azucres, sal ou enerxía e inclúe unha avaliación para os aditivos. A súa maior vantaxe é a súa simplicidade.

 

- Yuka: avalía tanto alimentos como cosméticos, clasificándoos segundo un criterio ponderado no que a calidade nutricional (avaliada segundo o sistema NutriScore supón o 60% da súa nota final), a presenza de aditivos (un 30%) e se o produto é ecolóxico (o 10%). Como resultado obteremos un produto que será malo, mediocre, bo ou excelente. É tamén sinxela e fácil de interpretar

 

- Open  Foods Facts: valora os alimentos a través do sistema NutriScore, usando unha escala de cores e números para definir a calidade nutricional do alimento. A súa maior vantaxe é a súa obxectividade, xa que os seus resultados coinciden cos que obteriamos aplicando os criterios NutriScore.

 

- El Coco: Combina tres criterios obxectivos (o sistema NOVA, os selos de advertencia chilenos e a clasificación de categorías alimentarias da OMS) e é a que recomendan varios dos máis destacados nutricionistas do noso país recoméndana.

Temática:
ProdutosAlimentación