No caso de mercar estes produtos é importante escoller os que conteñan o logo CE, o que da garantía de que cumpre os requisitos de seguridade establecidos pola Unión Europea, e os que  mostren un etiquetado completo. Na etiqueta débese mostrar o nome do fabricante, por si existe a necesidade de reclamar, e a advertencia correspondente no caso de ser un xoguete non recomendado para menores de 3 anos. A etiqueta e as instrucións teñen que mostrarse, polo menos, en castelán.

Ademais é importante escoller o xoguete adecuado para a idade do rapaz. Na maioría dos produtos existen recomendacións de idade no envoltorio.

Temática:
ProdutosXoguetes