A partir do  1 de marzo de 2021, as persoas consumidoras poderemos reducir a nosa factura de enerxía eléctrica grazas ás novas etiquetas que levarán distintos electrodomésticos como é o caso de frigoríficos, lavadoras, lavalouzas ou televisores. Ademais o 1 de setembro haberá tamén novas etiquetas para bombillas e lámpadas.

O cambio máis importante consiste en volver a unha escala máis sinxela (A-G). Desta forma, os electrodomésticos máis eficientes que antes pertencían á clase A+++, quedarán asignados á clase B ou C, xerándose un espazo de mellora á eficiencia enerxética dos novos produtos

Temática:
ProdutosElectrodomésticos