As graxas presentes nos alimentos que consumimos están constituídas principalmente por ácidos graxos unidos por moléculas de glicerina, que así forman o que coñecemos como triglicéridos. Dependendo de como sexan as unións entre as moléculas que os forman podémonos atopar con dous tipos principais de triglicéridos: os saturados e os insaturados (mono ou poliinsaturados).

As graxas trans son un tipo de ácido graxo insaturado, presente sobre todo en alimentos, principalmente en produtos industrializados que foron sometidos a hidroxenación co obxectivo aumentar o seu punto de fusión e así conseguir as texturas que a industria busca: por exemplo, cando se pretende conseguir un chocolate que se funda na boca pero non a temperatura ambiente.

 

O consumo excesivo destas graxas é prexudicial para a nosa saúde. A mellor forma de reducir a súa cantidade na inxesta é evitar o consumo de comida rápida e todos aqueles alimentos nos que na súa lista de ingredientes aparece “graxa parcialmente hidrogenada”.

Temática:
ProdutosAlimentación