Si, toda persoa usuaria dun taller de reparación de vehículo ten dereito a un orzamento escrito que contará cunha validez mínima de doce días hábiles. No orzamento debe figurar:
- O número de identificación fiscal e o domicilio do taller.
- O nome e o domicilio da persoa usuaria.
- A identificación do vehículo, con expresión de marca, modelo matrícula e número de km recorridos.
- Reparacións a efectuar, elementos a reparar ou substituír e/ou calquera outra actividade, con indicación do prezo total a satisfacer pola persoa usuaria.
- A data e a sinatura da persoa que vai facer a reparación.
- A data prevista de entrega do vehículo xa reparado, a partir da data de aceptación do presuposto.
- Indicación do tempo de validez do orzamento.
- Espazo reservado para a data e a firma de aceptación pola persoa usuaria.
No caso de que o orzamento non sexa aceptado pola persoa usuaria, o vehículo deberá devolverse nas mesmas condicións nas que foi entregado antes da realización do orzamento.