O primeiro que debes facer é presentar a reclamación ante o servizo de atención ao cliente da compañía, que poderás facer a través do teléfono que aparece na factura que será gratuíto, ou ben remitindo a reclamación por escrito á compañía, sexa mediante carta postal, correo electrónico ou mediante folla de reclamación que terán que facilitarche na  propia oficina da compañía. No caso de non obter unha resposta no prazo dun mes ou non ser satisfactoria, pódese acudir á OMIC do teu Concello ou ante o Instituto Galego de Consumo. Tamén poderás tramitar a túa reclamación a través de calquera asociación de persoas consumidoras. 

Temática:
SubministrosElectricidade