Proxecto
O 15 de marzo conmemórase o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras, unha efeméride instaurada en 1983 por Nacións Unidas para lembrar os dereitos que asisten a todas as persoas como consumidoras e usuarias.
A Xunta de Galicia celebra ese día establecendo puntos de información ao consumidor nas sete principais cidades galegas nos que se convida á cidadanía a coñecer máis sobre os seus dereitos como persoas consumidoras e sobre as ferramentas que a administración autonómica pon ao seu dispor para asesorarlos, acompañalos e, en último caso, axudalos a restituír os seus dereitos.
Complementariamente, realizáronse accións formativas en diferentes centros educativos da xeografía galega.