Programa educativo realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, incluido dentro do Plan Proxecta, coa finalidade de promover a educación para o consumo responsable nos centros educativos da comunidade autónoma de Galicia.
Obxectivo
A realización dun proxecto de innovación educativa en materia de consumo responsable coa finalidade de potenciar a educación para o consumo responsable nos centros de ensino, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado.
Alumnado ao que vai dirixido
2º ciclo de infantil, primaria, ESO, bacharelato, FP, persoas adultas e educación especial.
Descrición do programa e modalidades de participación
Os centros deberán realizar un proxecto de innovación educativa sobre algunha das seguintes temáticas de consumo responsable:
- Consumo e xénero
- Linguaxe publicitaria
- Comercio electrónico
- Servizos financeiros
- Etiquetaxe dos bens e produtos
Traballo final
- Elaboración dun produto final, que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado.
Premios
Concederanse 4 premios en metálico de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das seguintes categorías de participación:
- Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
- Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.
- Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio de formación profesional e de educación de persoas adultas.
- Categoría D: alumnado de educación especial.
Asesoramento ao profesorado
Facilitarase orientación e o apoio aos centros que o precisen no correo igc.escuela [at] xunta.gal (igc[dot]escuela[at]xunta[dot]gal) e no teléfono 881999091.