Proxecto
Un ano máis, coa chegada do nadal, a Xunta de Galicia a través da Escola Galega de Consumo (EGC) adscrita ao Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC), oferta unha nova edición do Programa Infonadal 2025, que leva por título “A árbore do nadal”
Esta campaña desenvolverase:
- entre os días 24 de novembro e 19 de decembro deste ano 2025 para a comunidade educativa.
- entre os días 22 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026 para concellos e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de conciliación familiar
Personas destinatarias: nenos e nenas de 3 a 12 años
Obxectivos:
- Iniciar a formación de persoas consumidoras informadas, conscientes e responsables.
- Dar a coñecer a importancia da etiquetaxe dos produtos .
- Explicar os mecanismos de control da seguridade dos produtos.
- Divulgar a labor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.