A campaña infonadal de economía e industria permite detectar e retirar do mercado nove produtos con risco grave para os consumidores

14/Xan/2012
Santiago
A presidenta do IGC, Nava Castro, acompañada pola xerente do Instituto, fixo balance da campaña "Infonadal"

A campaña InfonadalConsumo, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Consumo para extremar a protección dos consumidores de cara ás compras do Nadal, permitiu detectar e retirar do mercado un total de nove produtos con risco grave para os consumidores, grazas á intensificación dos controis que a inspección de consumo leva a cabo permanentemente para garantir a seguridade dos produtos. Durante a campaña, que incluíu accións formativas da Escola Galega de Consumo, tamén se incrementaron os controis relativos a aspectos esenciais da información e protección dos dereitos dos consumidores na venda de bens e servizos, como a indicación de prezos, o etiquetado, a publicidade, as condicións das garantías ou a existencia de follas de reclamacións.

Área temática

Galería de imaxes