CURSOS DE CONSUMO: FINANZAS, PUBLICIDADE E XÉNERO

22/Xan/2019
Santiago de Compostela
Cursos de consumo: finanzas, publicidade e xénero

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca tres cursos en teleformación dirixidos ao persoal do Instituto Galego de Consumo e da Competencia; da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; dos espazos xoves; das OMIX e das OMIC.

 

Actividades:

  • Consumo e finanzas (do 12 de febreiro ao 12 de marzo de 2019)
    • Obxectivos: analizar os servizos financeiros desde unha perspectiva de consumo.
  • Consumo e publicidade (do 12 de marzo ao 12 de abril de 2019)
    • Obxectivos: Adquirir uns coñecementos básicos sobre a publicidade, así como analizar e construír materiais con publicidade e sobre publicidade.
  • Consumo e xénero (do 21 de maio ao 14 de xuño de 2019)
    • Obxectivos: Promover a reflexión arredor do consumo e o xénero filtrado polo papel crucial da educación, así como reflexionar sobre a relación entre o consumo e o xénero como elementos de desigualdade social, cuestionando os estereotipos de xénero asociados ao consumo.

 

Prazas: 30 por curso

Matrícula: desde as 8 horas do 23 de xaneiro ata as 23.55 horas do 1 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula/login.php
Máis información no DOG do 22 de xaneiro

 

Área temática

Galería de imaxes