Os equipos clasificados en primeiro lugar de cada categoría, concursarán, representando á Comunidade Autónoma de Galicia, o vindeiro mes de maio na fase estatal a celebrar en Madrid
Santiago, 23 de Abril de 2010.-

A Consellería de Economía e Industria concede os 8
premios da fase autonómica de Galicia do concurso sobre consumo responsable e calidade
de vida: Consumópolis 5: Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable , que o
Instituto Galego de Consumo outorga a alumnos de primaria e secundaria, por unha contía
total de 5.400 euros.

A primera fase de este concurso, consistía en realizar un percorrido do xogo sobre consumo
responsable, que incluía probas pedagóxicas e lúdicas e tiña como finalidade adquirir os
coñecementos necesarios para desevolver a seguinte etapa.

Na segunda fase, os alumnos realizaron por equipos un álbum virtual. Cada álbum consta de
cinco fotografías sobre os distintos temas do Consumo Responsable que se traballan no
concurso, sendo obrigatorio que canto menos tres das fotografías traten aspectos como: o
consumo reflexivo e a información á hora de consumir; o aforro e gasto familiar: o meu
orzamento ; o uso das tecnoloxías (TIC): aparatos electrónicos e Internet, e o consumo
sostible co medio, e solidario artellado seguindo as pautas do comercio xusto.

As fotografías tiñan que ser orixinais, tomadas por algún membro do equipo, e estar
identificadas, cada unha delas, cun título e un breve texto explicativo nalgunha das formas
literarias máis comúns (poesía, conto, ensaio, artigo, etc.), facendo un comentario sobre a
relación da imaxe co título e co tema.

Neste etapa participaron un total de 95 alumnos, coordinados por cinco docentes, formando
parte dos 19 equipos, constituídos por cinco alumnos e alumnas de idades comprendidas
entre 10 e 16 anos. Os equipos estaban a súa vez divididos en tres niveis distintos de
participación: alumnado de terceiro ciclo de ensinanza primaria, alumnado de primeiro
primeiro e segundo curso de ensinanza secundaria obrigatoria e alumnado de terceiro e
cuarto curso de ensinanza secundaria obrigatoria.

Ademais, o alumnado participante no equipo, debía elaborar dunha memoria breve sobre a
participación do equipo no percorrido do xogo en-liña con preguntas e respostas da primeira
fase, e a organizaron para a realización do álbum virtual que presentan á fase autonómica
do concurso. Os equipos premiados foron os seguintes:

3º ciclo de ensinanza primaria:
1º premio:
C.E.I.P. Lourido
Localidade: Poio (Pontevedra)

Alcume do equipo: Meteoritos
Título do Álbum virtual: Consureflexións
Coordinador: Manuel Fontán Teso
Contía do premio: 1.000 euros e diploma
2º premio:
C.E.I.P. Barreiros
Localidade: Barreiros (Lugo)
Alcume do equipo: Sutroka
Título do Álbum virtual: Os que non contaminan
Coordinadora: Marta Castelao Rolle
Contía do premio: 600 euros e diploma
3º premio:
C.E.I.P. Pepe Xan da Baña
Localidade: Santa Comba ( A Coruña)
Alcume do equipo: Backstage
Título do Álbum virtual: Visiones
Coordinadora: Mª Isabel Varela Landeira
Contía do premio: 300 euros e diploma
1º ciclo de ensinanza secundaria:
1º premio:
I.E.S. Maximino Romero de Lema
Localidade: Baio ( A Coruña)
Alcume do equipo: Bos e xenerosos
Título do Álbum virtual: Consumir responsablemente
Coordinador: Alejo Figueroa Soto.
Contía do premio: 1.000 euros e diploma
2º premio:
Colexio Abrente
Localidade: Portonovo-Sanxenxo (Pontevedra)
Alcume do equipo: Afumedecarozo
Título do Álbum virtual: Consurespons
Coordinador: Andrés Hay Hermida.
Contía do premio: 600 euros e diploma
3º-premio:
C.P.I. Maside
Localidade: Maside (Ourense)
Alcume do equipo: Picnalión
Título do Álbum virtual: Mejor consumo en nuestro mundo
Coordinadora: Ana Belén Vázquez Rodríguez
Contía do premio: 300 euros e diploma

2º ciclo de ensinanza secundaria:
1º premio:
I.E.S. Perdouro
Localidade: Burela (Lugo)
Alcume do equipo: Biotopo
Título do Álbum virtual: Reciclando recuerdos
Coordinadora: Gerardo Novo Rodríguez
Contía do premio: 1.000 euros e diploma
2º- premio:
I.E.S. Maximino Romero de Lema
Localidade: Baio (A Coruña)
Alcume do equipo: Ledicia
Título do Álbum virtual: Reflesión, pensamento
Coordinador: Alejo Figueroa Soto
Contía do premio: 600 euros e diploma

Os equipos clasificados en primeiro lugar de cada categoría, concursarán, representando á
Comunidade Autónoma de Galicia, o vindeiro mes de maio na fase estatal a celebrar en
Madrid.

Temática:
Outros