Economía e Industria e Educación promoven un concurso sobre os dereitos dos consumidores

01/Out/2010
Santiago

Consellería de Economía e Industria, a través do


Instituto Galego de Consumo, e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria


veñen de convocar, a través do Diario de Oficial de Galicia, un concurso de premios dirixidos


ao alumnado das Escolas de Arte, Ciclo Superior de Formación Profesional de Deseño e


Produción Editorial, Escolas de Imaxe e Son e de Bacharelatos Artísticos, para a elaboración


de carteis, ilustracións, fotografías, vídeos e cuñas de radio que teñan como tema os


dereitos das persoas consumidoras.

A convocatoria ten por obxecto reflexionar desde unha perspectiva artística, plástica e


audiovisual sobre algún dos dereitos recoñecidos ás persoas consumidoras pola nosa


Constitución (artigo 51), e desenvolvidos no Estatuto Galego do Consumidor e Usuario de


Galicia (Lei 12/1984 de 30 de decembro).

A presidenta do IGC, María Jesús Muñoz Chesa, e o director xeral de Educación dirixirán a


todos os centros que impartan as ensinanzas citadas, unha carta para animalos a participar,


acompañada dun folleto explicativo dos dereitos das persoas consumidoras para facilitar a


súa comprensión e interpretación artística, e un cartel para a difusión do concurso entre o


seu alumnado.

O prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 15 de outubro. Outorgaranse tres


premios de 1.400, 900 e 700 euros, respectivamente, para o primeiro, segundo e terceiro


clasificado en cada unha das modalidades: carteis, fotografías, vídeos, cuñas de radio e


ilustracións.

Os traballos que se presenten serán avaliados por un xurado mencionado na resolución de


convocatoria formado de xeito paritario por persoal do IGC e da Consellería de Educación,


podendo contar co asesoramento de especialistas das modalidades artísticas convocadas.


Os carteis que resulten gañadores, serán expostos na sede da Escola Galega de Consumo


en Santiago de Compostela e os gañadores de cada categoría publicaranse na páxina web


do Instituto Galego de Consumo, e formarán parte dunha exposición que o IGC poderá


ceder aos centros educativos e entidades interesadas na súa exhibición.

Por outra banda, a Consellería de Economia e Industria, a través tamén do IGC, e a


Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, veñen de convocar un concurso de


premios as mellores memorias dos proxectos de educación para o consumo responsable naescola desenvolvidas dentro do marco da Rede de Educación para o Consumo


Responsable: Galicons-net.

Mediante esta convocatoria procederase á selección de novos proxectos presentados por


centros educativos, de niveis non universitarios, que desexen incorporarse á dita Rede. A


Rede de Educación para o Consumo Responsable é un proxecto que ten como obxectivo


principal a realización de proxectos de educación para o consumo desenvolvidos na escola,


actuacións coordinadas de formación e información destinadas ao profesorado e por


extensión a toda a comunidade escolar, a través do intercambio de experiencias e a difusión


de materiais curriculares sobre a educación para o consumo na escola.

Para a concesión dos premios ás mellores memorias destínase no ano 2010 unha contía de


38.000 euros e o recoñecemento de horas de innovación educativa por parte da Consellería


de Educación. O prazo para presentar a documentación, e os traballos no seu caso, para


ambas as dúas modalidades, remata o día 15 de outubro de 2010.

Área temática

Galería de imaxes