Economía e Industria e a Fiscalía de Galicia sentan as bases de colaboración en defensa dos intereses dos consumidores

31/Xan/2011
Santiago

A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo (IGC), e a Fiscalía de Galicia sentaron hoxe as bases da colaboración co obxectivo de defender os intereses dos consumidores e usuarios galegos fronte a comportamentos abusivos.

O encontro tivo lugar nas oficinas do IGC, en Santiago, e estivo presidido pola presidenta do Instituto, Nava Castro, e o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela. Na xuntanza tamén estiveron presentes a gerente do IGC, María Jesús Muñoz, así como os fiscais xefes e de área de Galicia, xunto cos xefes dos servizos centrais do Instituto.

Tanto a Consellería de Economía e Industria como os representantes da Fiscalía coincidiron na importancia da colaboración entre a Xunta e a Fiscalía para acadar a erradicación de cláusulas abusivas que afectan de xeito xeralizado aos consumidores e usuarios galegos.

Área temática

Galería de imaxes