A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo (IGC), continúa a traballar a prol da seguridade dos cativos cunha nova campaña de control do material escolar
O IGC salienta a importancia que ten revisar a etiquetaxe dos produtos que empregan os máis cativos nas súas actividades escolares, en especial os pegamentos, colas e mochilas e así poder evitar posibles perigos e accidentes
Desde o Laboratorio de Consumo de Galicia, único laboratorio acreditado de España para realizar análises de seguridade dos produtos segundo a normativa europea, se estuda e analiza os produtos de risco
Santiago, 17 de Setembro de 2011.-

A Consellería de Economía e Industria continúa a traballar a prol da seguridade dos nenos e nenas cunha nova campaña de control do material escolar. Deste modo, O Instituto Galego de Consumo, órgano dependente da Consellería, lémbralle aos pais que incrementen a precaución á hora de mercar o material escolar para os seus cativos.

A través desta campaña, o Instituto Galego de Consumo está a incidir na necesidade de seleccionar con moita atención os artigos escolares, en función da súa etiquetaxe, posto que moitos dos accidentes pódense evitar se se fai un uso adecuado dos mesmos.

Neste sentido, a Consellería de Economía e Industria continúa a desenvolver campañas específicas de inspección e control no referente a artigos escolares. Para elo, dispón do Laboratorio de Consumo de Galicia, único laboratorio acreditado de España para realizar análises de seguridade dos produtos segundo a normativa europea.

Temática:
Outros