Economía e Industria reforzará o labor do Laboratorio Galego de Consumo para manter o liderado nas políticas de protección ao consumidor

14/Mar/2010
Santiago

Galicia é a segunda comunidade autónoma, despois de


Madrid, que máis produtos inseguros notificou á rede de alerta en 2009, con 141


notificacións que foron feitas por detección directa no mercado por parte da inspección ou


denuncia dos consumidores. Para seguir neste camiño de protección ao consumidor, a


Consellería de Economía e Industria ten considerado prioritario reforzar o labor do Instituto


Galego de Consumo (IGC) e do Laboratorio Galego de Consumo (LGC), por realizar estes


unha labor fundamental nos procedementos de control e análise dos produtos que se ofertan


no mercado, e para garantir que o seu uso e consumo sexa seguro.

O departamento que dirixe Javier Guerra está a fortalecer o liderado do LGC como un


laboratorio de referencia en España, por ser o primeiro e único laboratorio público acreditado


en determinados ensaios de xoguetes e do téxtil. Unha labor de laboratorio que agora tamén


está a completar co desenvolvemento doutras liñas de análise e especialización como as


relacionadas con aparellos de material eléctrico, cosmético ou de produtos de limpeza.

Ademais, o laboratorio dependente da Consellería de Economía e Industria ten incorporado


moi recentemente ás súas tarefas a realización de ensaios no eido da telefonía e outros


produtos tecnolóxicos, xa que cómpre responder á demanda dos consumidores, que teñen


incrementado considerablemente o seu consumo de novas tecnoloxías nos últimos anos.

Dentro do plan de acción do Goberno galego no eido do consumo, contémplase como


prioritaria a potenciación do Laboratorio de Consumo de Galicia como un dos instrumentos


técnicos de primeira orde na protección dos consumidores. Dispor deste instrumento


permitiu a Consellería que dirixe Javier Guerra detectar cunha gran rapidez, e ao mesmo


tempoque con certeza científica, produtos non seguros no mercado galego e comunicar este


risco ao resto de CCAA e países europeos, a través da rede de alerta compartida.

A Consellería de Economía e Industria considera especialmente salientable o feito de que


máis do 90% das actuacións levadas a cabo pola Inspección de Consumo durante 2009,


case 117.000, estivesen relacionadas coa rede de alerta de produtos non alimenticios.

Estas actuacións están orientadas a ratificar que os comercios galegos ofertan produtos


seguros que non se atopan na rede de alerta, e comprobar, ao mesmo tempo, que os artigos


á venda non representan risco algún para os consumidores ou usuarios dos mesmos.

Ademais, dende o IGC se contempla a execución de 60 campañas de inspección no


exercicio de 2010, un 60 % máis que en 2009.

Día Internacional dos Dereitos das Persoas Consumidoras


Deste xeito, a Xunta reafirma o seu compromiso coa protección dos dereitos dos


consumidores na víspera da celebración do Día Internacional dos Dereitos das Persoas


Consumidoras que se celebrará mañá luns, e contará coa presenza do conselleiro de


Economía e Industria, Javier Guerra, no Rueiro do Consumo instalado no Instituto Feiral de


Vigo para conmemorar esta data.

Este Rueiro de Consumo é unha infraestrutura didáctica que recrea nunha superficie de


1.000 metros cadrados unha rúa calquera na que se poden atopar oficinas, tendas,


entidades bancarias, unha vivenda, un cíber e outros exemplos máis para formar e


sensibilizar tanto aos máis pequenos coma os adultos da necesidade de aplicar aos nos


hábitos un consumo responsable e consciente.

Área temática

Galería de imaxes