A través destes foros formativos se deu a coñecer á poboación extracomunitaria os seus dereitos como consumidores e usuarios dos distintos productos e servizos dirixidos de preferente ao colectivo, facendo especial fincapé na contratación a distancia e telefonía ou nos productos bancarios
Informouse e asesorouse a este "colectivo vulnerable" acerca de procedementos de reclamación e denuncia
Sanxenxo (Pontevedra), 24 de Outubro de 2009.-

A Alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea, a Presidenta de la Asociación de Consumidores do Salnés, Olga Pereiro Penedo, a xerente do Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía e Industria, Mª Jesús Muñoz e o subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Aguarón, veñen de inaugurarar o I Foro de Emigración e Consumo: Tí tamén es consumidor, defende os teus dereitos que pretende favorecer o coñecemento por parte do colectivo inmigrante dos seus dereitos como consumidores e facilitarlles tamén as canles axeitadas de xestión en caso de reclamacións.

A través do Foro de Emigración e Consumo se están a divulgar programas de acollida que inclúen proxectos de introducción á sociedade de acollida no eido da información, orientación en materia de consumo, así como proxectos educativos sobre as características do mercado en Galicia e a posición dos consumidores e usuarios.

As materias impartidas na xornada atenderon "Os dereitos dos consumidores, información publicidade e prezos", "A contratación a distancia e telefonía" e "Produtos bancarios básicos para o inmigrante", que foron titorizadas por Jose Mª Ponte, Raquel Goyanes e Joaquín Alvarez Domato, respectivamente, expertos en consumo.

Dispor de axeitada información no relativo aos dereitos do consumidor e aos procedementos de reclamación e denuncia nos servizos máis específicamente dirixidos ao colectivo- contratación a distancia de telefonía móbil, produtos bancarios básicos ou envío de remesas- resulta básico no momento de chegar á sociedade de acollida e favorecer a súa integración social.

A xornada se enmarca nas actividades formativas e informativas do programa do Foro de Emigración e Consumo que a Xunta de Galicia está a desenvolver en diferentes cidades e vilas de todo o territorio galego. As actuacións levaranse a cabo nos municipios de Sanxenxo, Ribeira, Lugo, e Ribadavia e contarase coa colaboración das asociacións de consumidores con implantación nesas cidades.

O acto de clausura correu a cargo de María Nava Castro, Presidenta do Instituto Galego de Consumo

Temática:
Outros