13 de Outubro de 2009.-

O Instituto Galego de Consumo (IGC), adscrito á Consellería de Innovación e Industria, vén de publicar dentro da súa páxina web -concursos e certames- o acceso para inscribirse no xogo "Consumópolis 5: que na presente edición titúlase: E ti de que vas?: A min mólame o consumo responsable".

Neste xogo realizado en-liña, poderán inscribirse todos aqueles equipos, constituídos por cinco alumnos ou alumnas de idades comprendidas entre 10 e 16 anos, coordinados por un profesor ou profesora, realizada a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo (www.igc.xunta.es) /escola galega de consumo/concursos e certames.

As categorías nas que se pode participar son:

- 3º ciclo de Educación Primaria

- 1º e 2º curso da ESO

- 3º e 4º curso da ESO

Cada docente-coordinador recibirá unha comunicación vía electrónica da inscrición dos equipos que coordine, que deberá ser ratificada pola mesma vía.

Os concursantes aparecerán en todo momento na páxina de Internet co nick elixido para preservar o anonimato.

O período de inscrición no xogo estará comprendido entre o 13 de outubro e o 30 de novembro de 2009, ambos inclusive.

O xogo realízase a través dun percorrido pola cidade de Consumópolis á que se accede premendo no logo que figura na web do IGC.

Consiste en ir resolvendo diversas probas de carácter pedagóxico e lúdico, tanto de forma individual como en equipo, que se presentarán aos participantes ao longo do percorrido. As instrucións para a participación están recollidas nas Bases que figuran publicadas na páxina do IGC.

A finalización do xogo en-liña por cada un dos cinco compoñentes do equipo, permitirá a participación na fase autonómica. que se convocará no vindeiro mes de febreiro mediante o Diario Oficial de Galicia.

Na fase autonómica convócanse premios para cada unha das categorías de participación e os primeiros clasificados de cada unha das categorías representarán á Comunidade Autónoma de Galicia na fase nacional.

Temática:
Outros