Información sobre produtos desinfectantes e hixienizantes para mans

28/Dec/2009

Como consecuencia da pandemia da gripe A, detectáronse no mercado multitude de produtos destinados para a limpeza e desinfección das mans nos que unhas veces se comercializan como desinfectantes e outras coma cosméticos e incluso en ocasións de ningunha das dúas formas.

Posto que moitos destes produtos non cumpren os requisitos establecidos legalmente e poden supor unha desprotección da saúde, a Consellería de Sanidade informa, a través da súa páxina web, sobre o que se considera produtos cosméticos e produtos antisépticos para pel sá, coma o procedemento de autorización para poder comercializalos.

Por parte do Instituto Galego de Consumo trasladouse esta información as OMICs, Asociacións de Consumidores, Cámaras de Comercio e diferentes distribuidores.

Non obstante, para calquera dúbida pode consultar a páxina web www.sergas.es(gripe A)

Área temática

Galería de imaxes