Javier guerra anuncia que a consellería de economía e industria prepara unha nova lei de protección ao consumidor

15/Mar/2010
Vigo

O conselleiro de Economía e Industria anunciou hoxe en Vigo,


no marco do Día Internacional dos Dereitos dos Consumidores, que o seu departamento


prepara unha nova Lei de Protección ao Consumidor para modificar en profundidade a


regulamentación ata o de agora existente en Galicia, e que data do ano 1984. Javier Guerra


Fernández fixo este anuncio no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), onde visitou o Rueiro de


Consumo, que forma das actividades que o Goberno da Xunta impulsa con motivo desta


celebración.

A nova Lei , apuntou o conselleiro, contemplará tres principios fundamentais, como son o


establecemento dun rigoroso sistema de dereitos que garanta a axeitada protección dos


consumidores, a configuración de instrumentos legais e administrativos que permitan que


estes dereitos sexan efectivos e a potenciación das asociacións e organizacións de


consumidores .

Javier Guerra avanzou que coa nova normativa contribuirase a incrementar a seguridade


dos consumidores nos nosos mercados, garantirase a seguridade xurídica aos nosos


profesionais e empresarios, e axilizaranse os procedementos de solución de conflitos dos


consumidores, potenciando a mediación e a arbitraxe de consumo .

O conselleiro salientou o traballo do Instituto Galego de Consumo, dependente da


Consellería de Economía e Industria, e reafirmou o seu compromiso co traballo a prol da


modernización e actualización das accións encamiñadas a garantir unha maior protección ao


consumidor e un maior control dos mercados.

Guerra aproveitou a súa visita ao Rueiro de Consumo no Ifevi para avanzar tamén que o


apoio público ás asociacións de consumidores medrará este ano un 6% con respecto ao ano


2009 para incrementar a súa capacidade técnica e profesional, tal e como demanda asociedade . Para fortalecer o protagonismo destas asociacións, o departamento que dirixe


acometerá un plan anual de accións específicas.

O conselleiro salientou o traballo do Instituto Galego de Consumo, dependente da


Consellería de Economía e Industria, e reafirmou o seu compromiso co traballo a prol da


modernización e actualización das accións encamiñadas a garantir unha maior protección ao


consumidor e un maior control dos mercados que permitan que Galicia siga á vangarda


neste eido, posto que fomos a Comunidade Autónoma que máis produtos notificou á Rede


de Alerta, despois de Madrid, con 141 produtos dun total de 864 .

Para seguir neste camiño, Javier Guerra anunciou que a Consellería de Economía e


Industria levará a cabo novos investimentos para implantar criterios de calidade na acción


dos inspectores e para potenciar o Laboratorio Galego de Consumo, único das súas


características en España, e punteiro no control de xoguetes e produtos téxtiles.

Rueiro de Consumo


O Rueiro de Consumo que hoxe visitou o conselleiro de Economía e Industria no Ifevi recrea


nunha superficie de 1.000 metros cadrados unha rúa calquera na que se poden atopar


oficinas, tendas, entidades bancarias, unha vivenda, un cíber e outros exemplos máis para


formar e sensibilizar tanto aos máis pequenos coma os adultos da necesidade de aplicar aos


nos hábitos un consumo responsable e consciente.

Esta iniciativa, que abriu o pasado venres as accións con motivo do Día Internacional dos


Dereitos das Persoas Consumidoras, e que permanecerá no Ifevi ata o xoves 18 co


obxectivo de chegar a case 6.000 persoas, leva aos visitantes a un supermercado, a un


cíber, a unha caixa de aforros, a unha tenda de comercio xusto, a unha oficina de consumo,


ou a unha oficina de arbitraxe e mediación cun obxectivo claramente didáctico que aporte


ferramentas aos cidadáns que os axuden a exercer un consumo responsable.

Todas as accións previstas nesta rúa imaxinaria estarán perfectamente diferenciadas para


chegar aos máis novos e aos adultos, destacando a presenza dun simulador de compras


para incidir na precisa seguridade coa que deben facerse todas as operacións electrónicas.


Este simulador de compras, que xa leva tempo operativo no Instituto Galego de Consumo,


viuse hoxe complementado coa posta en marcha dun simulador de compra de viaxes a


través da internet que é pioneiro en España, e que salienta a aposta pola actualización


continua en materia TIC por parte da Consellería de Economía e Industria.

Este simulador de viaxes foi empregado hoxe polos escolares participantes no concurso que


promovía unha reflexión sobre o mundo do consumo, e permite aos consumidores


experimentar coa compra dun billete aéreo ou dunha viaxe combinada, o que permitirá


traballar aspectos de seguridade nas compras en-liña.

Área temática

Galería de imaxes