Javier Guerra presenta o programa BELENUS como un instrumento para formar e informar aos consumidores sobre a tarificación eléctrica

16/Mar/2011
Santiago

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra,


presentou hoxe, no marco da semana do consumidor que se ven desenvolvendo, unha nova


iniciativa para avanzar no camiño da formación e a información do consumidor: o programa


Belenus, “que ten o obxectivo de achegar á cidadanía información sobre o cambio nas


tarifas eléctricas, con especial atención á Tarifa de Último Recurso, á Tarifa Social e ás


tarifas de discriminación horaria, así como as vantaxes da contratación e requisitos de cad


aunha delas”.

Javier Guerra, que enmarcou esta nova acción do Instituto Galego de Consumo a prol dos


consumidores galegos no “traballo constante da Consellería de Economía e Industria para


garantir os dereitos e os intereses lexítimos dos consumidores fronte a un mercado en


constante cambio como é o eléctrico”, explicou que o programa Belenus, que se porá en


marcha de inmediato, formará de xeito específico a persoal do Instituto Galego de Consumo,


das oficinas municipais de consumo e das distintas asociacións de consumidores para que


trasladen á cidadanía todos os aspectos salientables da nova tarificación eléctrica.

O conselleiro de Economía e Industria avanzou que o programa Belenus tamén se apoia nas


asociacións de consumidores de Galicia, “que contarán con accións formativas do Instituto


Galego de Consumo, nun primeiro momento, na Coruña, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de


Arousa, Verín, Ribadavia, Melide, Sanxenxo, Barreiros e Monforte, nun exemplo máis de


colaboración da Xunta con estes colectivos, aliados naturais na nosa estratexia no eido da


protección ao consumidor”.

Javier Guerra avanzou tamén que nunha segunda fase, este programa chegará a cidades


como Ourense, Santiago, Lugo, Ferrol e aquelas outras localidades galegas nas que teñan


presenza asociacións de consumidores.

Esta nova acción da Consellería de Economía e Industria, salientou Javier Guerra,


“demostra unha vez máis o compromiso da Xunta de Galicia cos consumidores galegos no


eido enerxético e en especial cos problemas derivados da tarificación eléctrica, que se teñen


multiplicado, toda vez que o Goberno Central non amosa disposición algunha a tratar de


solucionar os problemas de miles de cidadáns galegos, ignorando as peticións das distintas


comunidades autónomas”.

Javier Guerra aproveitou a súa comparecencia ante os medios para contrapoñer o labor


formativo e informativo levado a cabo pola Consellería de Economía e Industria fronte a


actitude do Goberno Central, “que nos citou a unha Conferencia Sectorial de Consumo


baleira de contido e na que non quixo tratar a problemática dos consumidores coa


tarificación do servizo de subministración eléctrica, e máis concretamente, cos usuarios da


coñecida como Tarifa de Último Recurso (TUR), á que están acollidos a meirande parte dos


consumidores galegos, a pesares da miña solicitude expresa para tratar o asunto”.

A pesares da negativa do Goberno Central a tratar a problemática “a Consellería de


Economía e Industria solicitou formalmente, co aval do Consello Galego de Consumidores,


manter o límite dos 10 KW contratados para a aplicación da TUR, a establecer criterios


obxectivos e automáticos para a actualización da TUR que en ningún caso supoñan


incrementos superiores ao IPC, e a manter a actual conxelación da tarifa para os colectivos


máis vulnerables, eliminando ademais a recarga por exceso de consumo vixente para eles”.

Asemade, a Xunta propuxo tamén ao Goberno Central “que se leve a cabo unha campaña


informativa sobre a tarifa para os colectivos máis vulnerables en colaboración coas CC AA e


as asociacións de consumidores, ademais de insistir, unha vez máis, na eliminación do


imposto especial da enerxía que pagan os usuarios en cada factura e que foi creado no seu


día para financiar o sector español do carbón”.

Área temática

Galería de imaxes