Economía e industria lidera as propostas para a implantación dunha factura unificada e sinxela a nivel nacional para garantir a transparencia e a protección dos consumidores

Javier Guerra preside a reunión convocada coas comunidades autónomas que urxen ao Goberno central a reforzar a protección ás persoas consumidoras

15/Set/2011
Santiago

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presidiu hoxe a reunión convocada na Consellería coas comunidades autónomas para analizar a problemática xurdida tras a regulación do mercado enerxético do Goberno central, en prexuízo das persoas consumidoras e liderar a proposta para a implantación dunha factura unificada e sinxela a prol de garantir a transparencia e a protección das persoas consumidoras.

No encontro, Javier Guerra reiterou a petición da Xunta apoiada pola maioría das CCAA presentes na pasada conferencia sectorial; xa que pese a ter solicitado até en 3 ocasións á Ministra de Sanidade e Consumo, unha reunión urxente para tratar a problemática xerada pola tarificación eléctrica aos consumidores, unha convocatoria que até este momento non se ten concretado, dende a última reunión da Comisión de Cooperación de Consumo do 14 de decembro de 2010.

Área temática

Galería de imaxes