Javier Guerra salienta a importancia do "Consumo Responsable" no acto de entrega dos premios Consumópolis a alumnos de primaria e secundaria

28/Mai/2010
Santiago
Javier Guerra no acto de entrega dos premios do concurso: “Consumópolis 5: Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable”

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra,


salientou hoxe a importancia da formación dos cativos para o consumo responsable no


acto de entrega dos 8 premios da fase autonómica de Galicia do concurso: Consumópolis 5:


Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable , que o Instituto Galego de Consumo


outorga a equipos de alumnos de primaria e secundaria, por unha contía total de 5.400


euros.

Na súa intervención, Guerra lembrou o traballo que se está a realizar dende o Goberno da


Xunta para que os galegos coñecen e practiquen os seus dereitos como consumidores ,


especialmente no eido das novas tecnoloxías.

Neste sentido, o conselleiro de Economía e Industria destacou que dende o Instituto Galego


de Consumo se ten posto a punto un simulador virtual de compra de viaxes a través de


Internet, que servirá para formar aos usuarios sobre a este tipo de transaccións.

Ademais, Guerra anunciou que este ano o Instituto, dependente da Consellería de Economía


e Industria, elaborará un web-blog para a rede de educación para o consumo: Galicons-net


e un material didáctico multimedia sobre videoxogos innovador, que permitira aos alumnos


deseñar un videoxogo de forma virtual baixo os parámetros de consumo responsable.

Por outra banda, Javier Guerra destacou que as iniciativas como Consumópolis son unha


boa ferramenta para axudar aos nosos estudiantes a aprender moito sobre como consumir


ben e tamén a practicar na tarefa de traballar en equipo e colaborar para a aprender xuntos .

A primera fase de este concurso, consistía en realizar un percorrido do xogo sobre consumo


responsable, que incluía probas pedagóxicas e lúdicas e tiña como finalidade adquirir os


coñecementos necesarios para desenvolver a seguinte etapa.

Na segunda fase, os alumnos realizaron por equipos un álbum virtual. Cada álbum consta de


cinco fotografías sobre os distintos temas do Consumo Responsable que se traballan no


concurso, sendo obrigatorio que canto menos tres das fotografías traten aspectos como: o


consumo reflexivo e a información á hora de consumir; o aforro e gasto familiar: o meu


orzamento ; o uso das tecnoloxías (TIC): aparatos electrónicos e Internet, e o consumo


sostible co medio, e solidario artellado seguindo as pautas do comercio xusto.

As fotografías tiñan que ser orixinais, tomadas por algún membro do equipo, e estar


identificadas, cada unha delas, cun título e un breve texto explicativo nalgunha das formas


literarias máis comúns (poesía, conto, ensaio, artigo, etc.), facendo un comentario sobre a


relación da imaxe co título e co tema.

Neste etapa participaron un total de 95 alumnos, coordinados por cinco docentes, formando


parte dos 19 equipos, constituídos por cinco alumnos e alumnas de idades comprendidas


entre 10 e 16 anos. Os equipos estaban a súa vez divididos en tres niveis distintos de


participación: alumnado de terceiro ciclo de ensinanza primaria, alumnado de primeiro


primeiro e segundo curso de ensinanza secundaria obrigatoria e alumnado de terceiro e


cuarto curso de ensinanza secundaria obrigatoria.

Ademais, o alumnado participante no equipo, debía elaborar dunha memoria breve sobre a


participación do equipo no percorrido do xogo en-liña con preguntas e respostas da primeira


fase, e a organizaron para a realización do álbum virtual que presentan á fase autonómica


do concurso. Os equipos premiados foron os seguintes:

3º ciclo de ensinanza primaria:


1º premio:


C.E.I.P. Lourido


Localidade: Poio (Pontevedra)


Alcume do equipo: Meteoritos


Título do Álbum virtual: Consureflexións


Coordinador: Manuel Fontán Teso


Contía do premio: 1.000 euros e diploma


2º premio:


C.E.I.P. Barreiros


Localidade: Barreiros (Lugo)


Alcume do equipo: Sutroka


Título do Álbum virtual: Os que non contaminan


Coordinadora: Marta Castelao Rolle


Contía do premio: 600 euros e diploma


3º premio:


C.E.I.P. Pepe Xan da Baña


Localidade: Santa Comba ( A Coruña)


Alcume do equipo: Backstage


Título do Álbum virtual: Visiones


Coordinadora: Mª Isabel Varela Landeira


Contía do premio: 300 euros e diploma


1º ciclo de ensinanza secundaria:


1º premio:

I.E.S. Maximino Romero de Lema


Localidade: Baio ( A Coruña)


Alcume do equipo: Bos e xenerosos


Título do Álbum virtual: Consumir responsablemente


Coordinador: Alejo Figueroa Soto.


Contía do premio: 1.000 euros e diploma


2º premio:


Colexio Abrente


Localidade: Portonovo-Sanxenxo (Pontevedra)


Alcume do equipo: Afumedecarozo


Título do Álbum virtual: Consurespons


Coordinador: Andrés Hay Hermida.


Contía do premio: 600 euros e diploma


3º-premio:


C.P.I. Maside


Localidade: Maside (Ourense)


Alcume do equipo: Picnalión


Título do Álbum virtual: Mejor consumo en nuestro mundo


Coordinadora: Ana Belén Vázquez Rodríguez


Contía do premio: 300 euros e diploma


2º ciclo de ensinanza secundaria:


1º premio:


I.E.S. Perdouro


Localidade: Burela (Lugo)


Alcume do equipo: Biotopo


Título do Álbum virtual: Reciclando recuerdos


Coordinadora: Marta Castelao Rolle


Contía do premio: 1.000 euros e diploma


2º- premio:


I.E.S. Maximino Romero de Lema


Localidade: Baio (A Coruña)


Alcume do equipo: Ledicia


Título do Álbum virtual: Reflesión, pensamento


Coordinador: Alejo Figueroa Soto


Contía do premio: 600 euros e diploma

Os equipos clasificados en primeiro lugar de cada categoría, concursarán, representando á


Comunidade Autónoma de Galicia, o vindeiro mes de maio na fase estatal a celebrar en


Madrid.

Área temática

Galería de imaxes