A directora xeral de Comercio definiu Consumópolis como unha acción que "é máis que un concurso, porque pretende ser unha ferramenta que axude ao profesorado a traballar dun xeito lúdico e axeitado ao currículo, a crear un espazo de reflexión sobre temas de consumo que doutro xeito, seria moi difícil que entraran na aula"
A VI edición deste concurso repartiu case 6.000 euros en premios na súa fase autonómica, que contou con 29 equipos compostos por 145 escolares e acadou un 60% máis de participación
Santiago, 21 de Xuño de 2011.-

A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, animou hoxe aos máis novos a continuar a súa aposta e traballo a prol dun consumo resposable no acto de entrega dos premios da fase autonómica da VI edición de Consumópolis: ti sabes elixir, sabes canto custa o que consumes?, onde estivo acompañada polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira.

Nava Castro definiu Consumópolis como unha acción que “é máis que un concurso, porque pretende ser unha ferramenta que axude ao profesorado a traballar o consumo responsable dun xeito lúdico e axeitado ao currículo, a crear un espazo de reflexión sobre distintos temas de consumo que doutro xeito, seria moi difícil que entraran na aula”. A directora xeral de Comercio e presidenta do IGC engadiu ademais que “busca atraer ao alumnado a partir do deseño de contornos motivadores e significativos, á vez que potenciar un conxunto de valores de alto potencial educativo como o valor do traballo conxunto, da cooperación e o valor do xogo para acadar unha aprendizaxe significativa”.

Durante a entrega de premios o director xeral de educación, Formación profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, destacou a importancia da educación para o consumo, "que representa un medio para avanzar cara a unha cidadanía máis crítica, autónoma e consciente dos seus dereitos e responsabilidades". Por iso, dixo, " a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria insire a Educación para o Consumo dentro do proceso educativo, xa que promove a sensibilización e o compromiso do profesorado, o alumnado e de toda a comunidade educativa con valores sociais e culturais axeitados para o desenvolvemento das persoas".

Os destinatarios deste concurso, dotado cun global de case 6.000 euros en premios na súa fase autonómica, son rapaces de entre 10 e 16 anos, que previamente xa superaron nun xogo en liña determinadas probas pedagóxicas e lúdicas que teñen como finalidade adquirir os coñecementos necesarios para desenvolver a segunda fase do concurso, agora resolta, consistente na creación dun traballo creativo configurado nun álbum virtual de cinco fotografías relacionadas co consumo relfexivo, o consumo e uso das novas tecnoloxías e o consumo sostible e solidario. Os gañadores das diferentes categorías competirán agora na fase nacional.

Na presente convocatoria participaron un total de 145 rapaces dos 260 que participaron na primeira fase, coordinados por oito docentes, formando parte dos 29 equipos que realizaron o álbum virtual. Estas cifras, indicou Nava Castro, “supoñen un incremento de participación na fase autonómica, con respecto á pasada edición do 2010, de máis do 60%, fase na que a nivel nacional acadouse un dos primeiros premios da man do IES de Baio-Zas.

Os premiados na Fase autonómica de 2011, publicados no DOG nº 96 do 19 de maio, foron os seguintes:

3º ciclo de ensinanza primaria:
1º premio: 
COLEGIO "PABLO VI-FÁTIMA"
Localidade: A Rúa Petín ( Ourense)
Alcume do equipo: “Jares”
Título do Álbum virtual: Los Ecolegas en una nueva misión
Coordinador: José Manuel Pérez Ares 
Contía do premio: 1.000 euros e diploma

2º premio: 
C.E.I.P. DE SAN COSME
Localidade: Barreiros (Lugo)
Alcume do equipo: “Pequexigantes”
Título do Álbum virtual: Colaboramos para un mundo mejor
Coordinadora: Marta Castelao Rolle 
Contía do premio: 600 euros e diploma

3º premio: 
C.E.I.P. “ LOURIDO”
Localidade: Poio ( Pontevedra)
Alcume do equipo: “Galaxia”
Título do Álbum virtual: Imaxes con imaxinación. Consume Responsablemente
Coordinador: Manuel Fontán Teso
Contía do premio: 300 euros e diploma

1º e 2º curso de ensinanza secundaria obrigatoria:
1º premio: 
“I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA”
Localidade: Baio ( A Coruña)
Alcume do equipo: “Polacorda”
Título do Álbum virtual: Nós Tamén podemos aforrar
Coordinador: Alejo Figueroa Soto.
Contía do premio: 1.000 euros e diploma

2º premio: 
“I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA”
Localidade: Baio (A Coruña)
Alcume do equipo: “Marole 5”
Título do Álbum virtual: Canto gastamos! Mais...que pouco pensamos!
Coordinador: Alejo Figueroa Soto
Contía do premio: 600 euros e diploma

3º-premio: 
COLEXIO "ABRENTE"
Localidade: Portonovo- Sanxenxo (Pontevedra)
Alcume do equipo: “Carricompra”
Título do Álbum virtual: O consumo responsable
Coordinador: Andrés Hay Hermida
Contía do premio: 300 euros e diploma

2º ciclo de ensinanza secundaria:
1º premio: 
“COLEGIO SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS”
Localidade: Ribadeo (Lugo)
Alcume do equipo: “Puntoycoma”
Título do Álbum virtual: Alerta verde
Coordinadora: Begoña Sanjurjo Santar
Contía do premio: 1.000 euros e diploma

2º- premio: 
“COLEGIO SAGRADO CORAZÓN DE JESÚS”
Localidade: Ribadeo (Lugo)
Alcume do equipo: “Interdemitente”
Título do Álbum virtual: Better Together
Coordinadora: Begoña Sanjurjo Santar
Contía do premio: 600 euros e diploma

3º- premio: 
“I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA”
Localidade: Baio ( A Coruña)
Alcume do equipo: “Bibliaurios”
Título do Álbum virtual: Consume menos e...aforrarás máis.
Coordinador: Alejo Figueroa Soto.
Contía do premio: 300 euros e diploma

Temática:
Outros