O foro de consumo destinado a inmigrantes da a coñecer en Ribadavia os seus dereitos de consumidores
O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Aguarón, e a xerente do Instituto Galego de Consumo- da Consellería de Economía e Industria-, María Jesús Muñoz Chesa, inauguran unha nova xornada do "foro de emigración e consumo: tí tamén es consumidor, defende os teus dereitos que pretende favorecer o coñecemento por parte do colectivo inmigrante dos seus dereitos como consumidores e facilitarlles tamén as canles axeitadas de xestión en caso de reclamacións.
A través do "foro de emigración e consumo" divulganse programas de acollida que inclúen proxectos de introducción á sociedade de acollida no eido da información, orientación en materia de consumo, así como proxectos educativos sobre as características do mercado en Galicia e a posición dos consumidores e usuarios.
As materias que se tratan na xornada atenden "os dereitos dos consumidores, información publicidade e prezos"; "a contratación a distancia e telefonía" e "produtos bancarios básicos para o inmigrante", impartidas por Antonio Aguarón , Raquel Goyanes e Joaquín Alvarez Domato, respectivamente, expertos en consumo.
Dispor de axeitada información no relativo aos dereitos do consumidor e aos procedementos de reclamación e denuncia nos servizos máis específicamente dirixidos ao colectivo- contratación a distancia de telefonía móbil, produtos bancarios básicos ou envío de remesas- resulta básico no momento de chegar á sociedade de acollida e favorecer a súa integración social.
A xornada se enmarca nas actividades formativas e informativas do programa do ?foro de emigración e consumo que a Xunta de Galicia está a desenvolver en diferentes cidades e vilas de todo o territorio galego. A primeira xornada tivo lugar no municipio de Sanxenxo e continuarase en Lugo e Ribeira , onde se contará coa colaboración das asociacións de consumidores con implantación nas distintas localidades.
Asisten , así mesmo, ó acto de apertura e foro o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez e a presidenta da Asociación de Consumidores do Ribeiro- ACUR, Isabel Garrido Blanco.