As materias impartidas na xornada atenden aos dereitos dos consumidores- ?Información publicidade e prezos?- á contratación a distancia e telefonía e produtos bancarios básicos para o colectivo
Lugo, 9 de Decembro de 2009.-

O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Aguarón, e a xerente do Instituto Galego de Consumo da Consellería de Economía e Industria, María Jesús Muñoz, inauguran unha nova xornada do Foro de Emigración e Consumo: Tí tamén es consumidor, defende os teus dereitos, que busca favorecer o coñecemento por parte do colectivo inmigrante dos seus dereitos como consumidores e facilitarlles as canles axeitadas de xestión en caso de reclamacións.

A través do Foro de Emigración e Consumo se están a divulgar programas de acollida que inclúen proxectos de introducción á sociedade de acollida no eido da información, orientación en materia de consumo, así como proxectos educativos sobre as características do mercado en Galicia e a posición dos consumidores e usuarios.

As materias impartidas na xornada atenderon ?Os dereitos dos consumidores, información publicidade e prezos?, ?A contratación a distancia e telefonía? e ?Produtos bancarios básicos para o inmigrante?, titorizadas por Jose Mª Pita Ponte, Raquel Goyanes Prado e Joaquín Alvarez Domato, respectivamente, expertos en consumo.

Dispor de axeitada información no relativo aos dereitos do consumidor e aos procedementos de reclamación e denuncia nos servizos máis específicamente dirixidos ao colectivo- contratación a distancia de telefonía móbil, produtos bancarios básicos ou envío de remesas- resulta básico no momento de chegar á sociedade de acollida e favorecer a súa integración social.

A xornada se enmarca nas actividades formativas e informativas do programa do Foro de Emigración e Consumo que a Xunta de Galicia está a desenvolver en diferentes cidades e vilas de todo o territorio galego. A primeira xornada tivo lugar no municipio de Sanxenxo á que lle seguiron Rivadavia e agora Lugo e continuarase próximamente en Ribeira, onde se contará coa colaboración das asociacións de consumidores con implantación na localidade.

Temática:
Outros