Santiago de Compostela, 19 de Maio de 2021.-

O IGCC por medio do curso sobre Vixilancia do mercado e a etiquetaxe de alimentos da a coñecer o Regulamento (UE) 2019/1020 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2019, relativo á vixilancia do mercado e a conformidade dos produtos.

O obxectivo deste curso é mellorar o funcionamento do mercado interior mediante o fortalecemento da vixilancia do mercado de produtos aos que se aplica a lexislación de harmonización da Unión, a fin de que só se comercialicen produtos conformes que cumpran os requisitos que proporcionan un elevado nivel de protección de intereses públicos, como a saúde e a seguridade, a protección das persoas consumidoras.

Así mesmo, e como consecuencia das novidades normativas en materia de etiquetado, profundarase en dar a coñecer ao funcionariado as obrigas legais relativas aos seguintes alimentos: pan, froitas, vexetais, bebidas espirituosas, conservas e alimentos con calidade diferenciada.

O curso encádrase dentro do Plan de Formación para o persoal de control e investigador 2021 e dentro do convenio de colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Este curso esta aberto tamén ao persoal ao servizo da administración xeral da CA de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da administración institucional.

O curso que se iniciou o pasado 12 de maio, rematará o 26 e conta cun total de 12 horas lectivas.

Temática:
Outros